miércoles, 28 de noviembre de 2018

ARRANCAMOS!!


Ola compañeiros e compañeiras!!


                             



Este ano o CEIP do Vicedo participa no Proxecto Ríos, que se engloba dentro do Plan Proxecta, unha proposta que trata de fomentar a innovación nos centros educativos a través de programas baseados na motivación e o traballo activo e colaborativo da comunidade educativa.

O noso centro decantouse polo Proxecto Ríos  xa que contamos cun río moi importante dentro da nosa localidade, o río Sor! Este proxecto, impulsado e coordinado por ADEGA en colaboración con outras institucións, pretende desenvolver valores relacionados co respecto e a protección do medio ambiente.

Acompañadesnos nesta aventura fluvial?

       




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIDEO FINAL!!