miércoles, 30 de enero de 2019

INVESTIGAMOS SOBRE OS RÍOS DO MUNDO!!

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria estiveron a investigar sobre os ríos máis importantes do mundo e, naturalmente, sobre o río Sor.

Para iso, dividíronse en grupos e trataron de descubrir cales eran os ríos máis importantes do mundo, sen esquecer os de España e Galicia. Despois, tiveron que mergullar pola rede para atopar datos de interese sobre os mesmos: nacemento, desembocadura, lonxitude, países que atravesa, imaxes e outros datos curiosos.

Finalmente, cada grupo presentoulle aos demais os ríos que lles tocou investigar a través dun pequeno PowerPoint. Continuamos a viaxe!!





lunes, 14 de enero de 2019

COÑECEMOS AS PARTES DUN RÍO!!

Hoxe, os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria investigaron sobre os ríos. Así, aproveitando os contidos da área de Ciencias Sociais e utilizando os ordenadores da aula, aprenderon a distinguir e identificar as partes que compoñen un río: nacemento, curso alto, curso medio, curso baixo, desembocadura, meandros, deltas, etc.

Unha vez coñecidos os aspectos teóricos tocou pasalo á práctica inventando o seu propio río e plasmando as súas partes nuns preciosos murais. Seguimos avanzando no noso proxecto!! 






VIDEO FINAL!!