miércoles, 24 de abril de 2019

CONCURSO FOTOGRAFÍA!!

Queredes ver o bonito que é o noso Río Sor e que grandes fotógrafos e fotógrafas temos no noso centro?
Co concurso de fotografía que organizamos e coa axuda e participación das familias fixemos unha exposición ben chula!! Aquí podédela ver.




viernes, 12 de abril de 2019

RÍOS DE MÉXICO!!

- Como?? Que en México tamén hai ríos??

- Home claro!! Non son coma o noso río Sor pero para os mexicanos son moi importantes!! Atréveste cos seus nomes?? Os alumnos/as de 1º de Primaria si!!



lunes, 8 de abril de 2019

OS RÍOS NA HISTORIA!!

Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º, aproveitando o temario de CCSS e o Proxecto da Volta ao Mundo da Biblioteca, decidiron levar a cabo dúas maquetas onde demostraron ser uns auténticos artistas. Nelas ademais das características de cada época histórica, podemos observar a importancia que tiveron sempre os ríos para as civilizacións. E agora seguen sendo igual de importantes para nós? Pois no Vicedo pensamos que si!! Por iso seguimos traballando sobre eles.




martes, 2 de abril de 2019

DIA DO LIBRO INFANTIL!!

Hoxe, 2 de abril, celebramos no noso cole o Día do Libro Infantil facendo un montón de actividades moi divertidas que tiñan como temática principal a natureza e a súa conservación, relacionándoo así co Proxecto Ríos. 

Para iso fixemos un apadriñamento lector onde os maiores líanlle contos os máis cativos compartindo unha lectura agradable e conxunta ao aire libre. Pero isto non quedaba aquí, xa que pola tarde puidemos continuar esta actividade na biblioteca da Casa de Cultura do Concello.






VIDEO FINAL!!