martes, 4 de diciembre de 2018

APRENDENDO A COIDAR OS NOSOS RÍOS!!



O pasado mes de novembro, acompañados dos nosos veciños/as e compañeiros/as do CEIP López Estrada (Barqueiro) acudimos á Casa da Cultura do Vicedo onde puidemos disfrutar dunha agradable charla sobre a pesca fluvial.
A actividade, impulsada por Gayma, pretendía fomentar no alumnado hábitos responsables relacionados co coidado do medio ambiente en xeral e cos ecosistemas actuáticos en particular. Entre outros aspectos, aprendimos canto tardan en desaparecer obxectos que vertemos a mares e ríos, puidemos coñecer distintos tipos de pesca e visualizar útiles coma as canas, anzois, fíos, vinilos, señuelos, etc. Tamén aprendimos a facer algúns nudos e cousas tan interesantes como salvar un peixe atrapado nun anzol e devolvelo ao río.
Para finalizar, entregáronnos uns agasallos relacionados coa temática.



 Continuamos aprendendo a coidar o noso río e os que viven nel!!


VIDEO FINAL!!