viernes, 14 de junio de 2019

INSPECCIÓN DO RÍO SOR!!



Por fin chegou o día!! Roupa de abrigo, calzado cómodo, merenda para repoñer forzas e... a visitar o río Sor!!

Despois de varios meses investigando sobre as súas características (nacemento, desembocadura, lonxitude, partes, relevo, flora, fauna…) hoxe tivemos a oportunidade de visítalo en directo todos xuntos. Para iso non puidemos escoller un mellor guía, Ramsés, membro da asociación ADEGA que defende a nosa natureza!!

Ramsés veu cargado de materiais que nos permitiron observar os macroinvertebrados que habitan no noso río. Para investigar isto dividiunos en grupos e colleu mostras de auga de diferentes partes do río e, para a nosa sorpresa, na auga viñan cantidade de animais que puidemos recoñecer grazas a unha guía que nos proporcionou. 

Para que fixemos iso? Pois para saber a saúde que tiña o noso río xa que dependendo dos macroinvertebrados que viven nel podemos saber se o río está máis ou menos san e o noso río sacou un 7!! E iso que os días anteriores chovera e non puidemos atopar a todos os animais… 

Despois disto, Ramsés levounos a pasear por unha ruta entorno ao Sor e ensinounos a identificar as árbores autóctonas que habitan na súa beira.
















lunes, 10 de junio de 2019

DICIONARIO BILINGÜE!!

Cantas veces ides polo río de paseo coa familia e vos preguntades: 
Que paxaro é ese que está na póla da árbore? E ese peixe que vai polo río? E aquela árbore da outra beira? Pois problema solucionado grazas á guía que fixeron os nenos e nenas do colexio onde se recollen debuxos da fauna e flora do río Sor cos nomes en galego e inglés!! Aquí vos deixamos algunhas imaxes…










sábado, 8 de junio de 2019

IN THE RIVER!!


Cantas especies conviven no noso río? Cal é a flora que medra ao longo do seu curso? Que animais utilizan a súa contorna como hábitat? E… como llo podería explicar a un turista que viñese visitar o noso río, por exemplo, desde Inglaterra?

Pois o que era un monte de preguntas convertiuse nunha sinxela solución visual gracias ao mural que fixeron os nenos e nenas do cole onde se recolle toda esta información dunha forma divertida e dinámica! 




miércoles, 5 de junio de 2019

PEQUENOS GRANDES TRABALLOS!!


Os máis pequenos do cole tamén están moi concienciados coa importancia que teñen os ríos e decidiron participar neste proxecto aproveitando o 22 de marzo, día Mundial da Auga.

Para iso, as nenas e nenos de 3 anos deseñaron unha pequena maqueta con mensaxes para fomentar o uso responsable da auga. Os seus compañeios de 4 e 5 anos optaron por crear unha sopa de letras con conceptos relacionados cos ríos! Seredes capaces de atopalos todos?





jueves, 16 de mayo de 2019

DIA DAS LETRAS GALEGAS!!



O 17 de maio, día das Letras Galegas, o noso colexio organizou un festival para homenaxear a Antón Fraguas Fraguas. Obras de teatro, cancións músicas, bailes lectura de lendas e... POESÍAS SOBRE OS RÍOS!! Por suposto, non íamos esquecer aos nosos compañeiros/as nunha data tan importante!! Aquí vos deixamos un vídeo do alumnado de 2º de Educación Primaria.



miércoles, 24 de abril de 2019

CONCURSO FOTOGRAFÍA!!

Queredes ver o bonito que é o noso Río Sor e que grandes fotógrafos e fotógrafas temos no noso centro?
Co concurso de fotografía que organizamos e coa axuda e participación das familias fixemos unha exposición ben chula!! Aquí podédela ver.




VIDEO FINAL!!